lunes, mayo 19, 2008

SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL

O Bar Finikito (Centro Comercial Area Central- As fontiñas) está en conflicto coa CNT. O seu empresario-ladrón ven de despedir a dúas compañeiras pola súa condición de afiliadas á Confederación. E o sindicato de Compostela actúa solidariamente e non vai permeter tanta chulería patronal.

Cada vez máis neste sector aparecen grandes cadenas nacionáis e internacionáis onde non é tan fácil acceder á Patronal, tapada nas sedes centráis a moitos kilometros. E o caso de Starbuks. Neste video,traballadores americanos da IWW nos falan(en inglés e español) das loitas laboráis en Starbucks tanto no seu país como do ultimo conflicito en Sevilla.


Como a emplotación laboral non ten fronteiras non queremos esquecer aquí a loita dos nosos compañeiros da FORA-AIT polo despido de 8 persoas no Restaurante "LA Pergola". Vemos con esperanza o rexurdir do anarcosindicalismo arxentino e queremos asímesmo que a gran colonia de arxentinos en Galicia saiba destas loitas na súa terra.