lunes, junio 23, 2008

REVISION TABOAS SALARIAIS


Aqui tedes as novas taboas salariais aprobadas hai un mes, estas son as taboas polas que tedes que guiarvos a partir de agora para calcular o voso soldo co convenio na man.

polo que se ve hai vida nos sindicatos de hostelería, para reunirse coa patronal, pero non para denunciar o convenio colectivo que leva un ano caducado. Se queredes pedir contas, "os negociadores" son:
Por CCOO Santiago Martin Iglesias
Por CIG Mª do Transito Fdz. Fdz.
Por UGT Jose A. Boullosa Gomez

Dende a CNT preguntamonos cantas camas fixeron na sua vida, cantas noites teñen ese formigueo nas pernas por pasar tantas horas de pe, cantos cortes co coitelo teñen nas mans estes negociadores...

Un detalle mais, observade como se aplican as subas salarias por porcentaxes, como vai crecendo a diferencia entre os grupos de traballadores: o aumento para o grupo 1 ( o mais alto) e de 25 euros, o aumento para o grupo 14 e de 12 euros. Así negocian os sindicatos oficiais: mais para os que mais teñen... E mentres os nosos contratos (si os temos) se lle aplica a categoria mais baixa posible.

A CNT defende as subidas inversamente proporcionais, nas que os que menos cobran teñan un aumento maior, ata que os soldos base se igualen, Equen teña mais responsabilidades que o reciba a traves dun plus.

ASEMBLEAS E NEGOCIACION DO CONVENIO XA

Se non entendedes ben a taboa podedes pedila ao noso email en formato pdf
. Disculpade a inoperancia informatica

NIVEIS 2006 - SALARIO- REVISIÓN SALARIO 2007- SALARIAIS REVISADO 2007 AO 31/12/07= 2,20 % REVISADO
1 1.176,28 1.211,57 25,88 1.237,45
2 1.133,59 1.167,60 24,94 1.192,54
3 1.072,59 1.104,77 23,60 1.128,37
4 1.042,11 1.073,37 22,93 1.096,30
5 1.007,24 1.037,46 22,16 1.059,62
6 968,04 997,08 21,30 1.018,38
7 937,54 965,67 20,63 986,30
8 902,7 929,78 19,86 949,64
9 863,48 889,38 19,00 908,38
10 828,64 853,53 18,23 871,76
11 798,13 822,07 17,56 839,63
12 763,28 786,18 16,79 802,97
13 711 732,33 15,64 747,97
14 551,38 567,92 12,13 580,05
PLUS DE TRANSPORTE 2,64 2,72 0,06 2,78
P. MANUTENCIÓN 33,43 34,43 0,74 35,17
ALOXAMENTO 1,93 1,99 0,04 2,03