Fagamos un pouco de humor: como tod@s saberedes polos vosos "representantes sindicais", os vosos xefes e pola pronta actualización das vosas nominas, temos novo convenio do sector na provincia de Pontevedra.
O aumento de 60 euros so nos deixa a, por exemplo, os axudantes de camareiro, cunha diferencia de salario de so 140 euros coa mesma categoria na provincia da Coruña.
De novo un convenio negociado no mais absoluto oscurantismo, que non resolve ningun dos problemas que arrastramos na hostelería, especialmente agora no verán.
Porque dende a Seccion de hostelería da CNT estamos xa moi fartos de que os traballador@s non podamos decidir, nin tan siquera falar para esixir o necesario para exercer o noso traballo con dignidade.
Temos mais de un ano para traballar en para que os traballador@s demos as nosas opcións e loitemos por impoñernos aos profesionais do sindicalismo. Tamen temos mais de un ano para loitar nos nosos traballos nos que nin sequera se aplica o convenio.
para todo isto nos dotamos dunha nova ferramenta, o FORO DE HOSTALERÍA onde poderedes falar do queirades, facer denuncias plantexar dubidas...
martes, julio 21, 2009
Novos tempos...
Publicado por Camareir@ en 7/21/2009 01:15:00 p. m. 0 comentarios