domingo, noviembre 25, 2007

Presentación

Dende a seccion de hosteleria e comercio de Pontevedra creamos este blog para que sirva de altofalante a todol@s traballador@s de hosteleria.
Nel poderas atopar toda a informacion necesaria para defenderte fronte as agresions patronais, convenios, riscos laborais, dereitos, novidades... Ademais comprobaredes o numero de persoas que estamos na mesma situacion que vos, que servimos copas e cafes, facemos camas, cociñamos, servimos mesas, transportamos maletas, pasamos o ferro, etc...
Ademais queremos influir na negociacion do convenio de hosteleria da Provincia de Pontevedra, para que se escoite a voz dos traballador@s. ¿Sabes algo do teu convenio? Sabes que o convenio de Hosteleria da Pontevedra remata este ano? ¿Tes idea de quen negocia este convenio? ¿Porque nunca alguen dun sindicato se acercou a ti para saber o que pensas sobre o teu traballo? ¿porque nunca estiveches nunha asemblea de traballador@s de hosteleria?

Todas estas preguntas seran respostadas neste blog.

No hay comentarios: