Na provincia de Pontevedra o numero de horas a semana por computo anual e de 40 mentres que na provincia da Coruña e de 38,5?
E a única diferencia e unha ridícula fronteira.
viernes, marzo 27, 2009
Sabias que... (II)
Publicado por
Camareir@
en
3/27/2009 12:19:00 p. m.
0
comentarios
AS VOLTAS CO CONVENIO
O Convenio de hostalería da Provincia de Pontevedra leva DOUS ANOS aplicandose estando caducado.
Cando tivo que negociarse, cando non existia a famosa "crise", tiñamos todo na nosa man para chegar a un acordo favorable para os traballador@s, agora imos ter que loitar.
Levamos dous anos perdendo forza, levamos dous anos empeorando as nosas condicións: simplemente mirando as taboas salariais da provincia de Coruña e mirando as nosas nominas, podemos darnos conta de que a diferencia salarial ronda os 200 euros. Tamén podemos observar que a media semanal de traballo na provincia da Coruña e de 38,5 horas.
Na CNT estamos xa fartos das elites sindicais, polo que dende este momento convocaremos asembleas de traballador@s para explicar o convenio e esixir unha negociacion na que sexamos os traballador@s os que mandemos.
Nos proximos dias daremos lugares e datas das asembleas.
Publicado por
Camareir@
en
3/27/2009 12:06:00 p. m.
0
comentarios
lunes, enero 05, 2009
SEGUIMOS CON MERCADONA

Para @s que non o saiban a CNT abriu, hai moito tempo, un fronte de loita contra Mercadona, sabemos que non e a unica nin a peor das empresas de supermercados, pero os traballador@s que teñen problemas con Mercadona recorren a CNT, e asi seguiremos e seguiremos ata que Mercadona se canse.
Podedes seguir toda a informacion dende o ano 2005 no arquivo historico ou as ultimas novas.
Colgamos aqui as novas d@s nos@s compañeir@s en Compostela:
20-Decembro-2008
No meio-dia deste Sábado 20 de Decembro, por riba dunha dúcia de compañeir@s do Sindicato de Compostela nos concentrabamos nas portas do establecemento que a moderna empresa escravista Mercadona ten aberta no bairro compostelán de Santa Marta.
Armados coas perigosas armas da dignidade e a solidariedade d@s traballador@s anarcosindicalista, así como con outras máis informativas como centos de panfletos, megófonos, faixas, cartaces, procedemos a informar á clientela do supermercado e à viciñanza do bairro de cais son as condicións de traballo nesta tenda, primeira do empório Roig en Compostela, que foi aberta fai apenas uns meses.
Estas condicións son as habituais que esta empresa pratica no resto dos seus establecementos do Estado. Imposibilidade de baixas laborais, períodos de proba excesivos (até seis meses), horáris abusivos, acoso e derribo de quen pratique calquer intento de protesta, e por suposto, os despedimentos indiscriminados. En só tres meses, a modélica Mercadona xa despediu catro traballdor@s só nesta tenda de Santa Marta.
Sobre estas e outras lindas verdades nos dedicamos a informar, à vez que chamabamos ao boicote contra Mercadona e preguntabamos pola presenza do delegado de UGT, que se dedica a facer sindicalismo moderno, é dicer, trasmitir à empresa o nome d@s traballador@s con calquera tipo de queixa para que sexan despedid@s ipso-facto.
Quen semella que non gostou do acto anarcosindicalista foi a encarregada da tenda, que se dedicou a ameazar e insultar aos manifestantes, mentres negaba a certeza da nosas denúncias. Debia ser ela a que non tiña muita razón, pois "@s violent@s anarcosindicalistas", como nos define Mercadona, ofreceron-lle o megafono para que nos rebatise con argumentos e realidades. Non o fixo. Por certo, tampouco quixo mirar aos ollos de dous dos depedid@s, presentes na concentración, e explicar-lles cara a cara porque @s despedira.
Finalmente, abandonamos tranquilamente o establecemento deixando-lles claro que se @s nos@s compañeir@s non son readmitid@s, volveremos todas as vezes que faga falla e levaremos a cabo todas as accións que nos dicte a nosa conciéncia de anarcosindicalistas solidári@s.
3-Xaneiro-2009
De novo a CNT de Compostela às portas da “siniestra” empresa Mercadona que a 3 meses de apertura da tenda en Compostela acumula 4 despidos.
Lá estivemos unha dúcia de compañeiros e compañeiras que apesar dos dias feriados non quixemos deixar de “dar a nota” con bombo e faixa, onde reclamabamos a readmisión dos 4 despedid@s, dous deles compañeir@s do sindicato.
O sorriso frouxo dos que estaban dentro do establecemento indicaba que os nervos estaban a flor de pel e que a nosa presenza intimidaba. Porén a nosa loita non vai contra as traballadoras e os traballadores de Mercadona, sabemos que temos simpatias entre eles, senón que estabamos a realizar un acto de solidariedade cos despedid@s pois tal é a forma de traballo da CNT, ofertando-lles tamén o nosso sindicato para receber apoio leal e legal.
Tamén pedimos a solidariedade das persoas que entraban a consumir, logrando en algún caso, que seforan por onde viñeran, logrando por parte dos compañeir@s da anarcosindical uns fortes aplausos
Publicado por
Camareir@
en
1/05/2009 12:10:00 p. m.
0
comentarios
lunes, diciembre 22, 2008
Sabias que...
Nova sección do blog, micronovas para facer pensar un pouco:
Sabias que un axudante de camareir@ na provincia de Pontevedra cobra entre 120 e 180 euros menos que o mesmo traballador na provincia da Coruña?
E polo que se ve imos pasar un ano mais perdendo diñeiro...
Publicado por
Camareir@
en
12/22/2008 12:21:00 p. m.
0
comentarios
AUTOFORMACION II

@s traballador@s da hosteleria cun contrato a tempo completo temos que traballar 1800 horas cada ano divididos segundo a seguinte maneira. Aqui tedes o artigo do convenio de Pontevedra:
A xornada laboral, durante a vixencia do presente convenio, fíxase en mil oitocentas horas (1800) de traballo efectivo en cómputo anual para cada un dos tres anos. A promulgación de disposición oficial que varíe a mesma producirá a súa inmediata aplicación desde a data da súa entrada en vigor, aínda que sen efectos retroactivos.
Está xornada anual poderase repartir semanalmente do seguinte xeito:
a) A 8 horas diarias de luns a domingo con dous días de descanso consecutivos.
b) A 7 horas 15 minutos de luns a domingo con día e medio de descanso consecutivo. O medio día sería de 3 horas e 45 minutos.
c) Calquera outra sempre que exista acordo entre empresa e traballador e dentro das 1.800 horas anuais e os límites que en materia de xornada diaria e semanal marca a lexislación vixente.
As empresas facilitarán aos representantes dos traballadores os cadros horarios laborais xerais cando así o soliciten.
Os excesos no tempo de prestación efectiva, en cómputo anual, compensaranse co tempo libre equivalente ou serán aboados de mutuo acordo entre o traballador a empresa.
Publicado por
Camareir@
en
12/22/2008 12:14:00 p. m.
0
comentarios
viernes, diciembre 05, 2008
Cristo con San Jose
Na tarde de hoxe militantes do Sindicato CNT de Pontevedra concentráronse ás portas da Inmobiliaria San José para mostrar o seu apoio a unha compañeira en conflicto coa empresa. Dita concentración pretende ser unha medida de presión ante o acto de conciliación previsto para mañá xoves no SMAC.
Logo de seis meses cun contrato de 12 horas semanais (pero traballando 40 horas á semana), as empresarias presionárona para que firmase a baixa voluntaria e evitar o pago de indemnizacións.
A traballadora non claudicou, e agora reclámalle á empresa o pago e recoñecemento das horas traballadas.
Publicado por
Camareir@
en
12/05/2008 12:29:00 p. m.
0
comentarios
martes, octubre 28, 2008
Comerciais de novo....
Despois de varios casos que van chegando ao sindicato podemos chegar a conclusion que o traballo de comercial en calquera das suas variantes e un mundo de absoluta explotación.
Desta vez e unha traballadora dunha inmobiliaria, a inmobiliaria San Jose en POntevedra, cun contrato de 12,5 horas a semana, pero obligada a facer 40 horas semanais polo mesmo soldo, sen cobrar gasolina nin chamadas de telefono. Como remate de todo acudiu ao sindicato o día que coa sua nomina lle fixeron firmar a baixa voluntaria, momento en que reacccionou e firmou non conforme coas cantidades
A reaccion da traballadora foi suficientemente rapida e agora podera reclamar todas as horas que fixo sen cobrar, tadalas debedas destas empresarias que creen que poden ter esclavos.
Dende este blog insistimos, !NUNCA FIRMEDES NADA QUE NON SEXA A VOSA NOMINA¡ Non confiedes nos vosos xefes, acudide ao sindicato e informadevos dos vosos dereitos.
Publicado por
Camareir@
en
10/28/2008 12:56:00 p. m.
0
comentarios