A este sindicato teñen chegado varias quexas e dubidas en relacion o traballo en despachos de pan.
Pontevedra conta con duas grandes empresas con bastantes despachos repartidos por toda a cidade e varias de tamaño menor.
O sector destaca porque a porcentaxe de traballadoras nos despachos (de cara o publico) e casi dun 100% en todolos casos mulleres xovenes, con ninguha experiencia ou que teñen pasado por outras empresas do sector do comercio (supermercado, tendas de roupa...) .
As condicions son penosas, especialmente no tocante a horarios e atribucions da traballadora, obligada a limpar incluso os fornos que deberian ter un trato especializado na sua limpeza. Os contratos de catro horas traballando oito ou mais (en fraude de lei) son, polo que temos visto, moi habituais.
Especialmente penoso e atentando contra a saude das traballadoras e a situacion en despachos pequenos ou abertos a intemperie, sen calefaccion e aguantando moitas horas co frio en inverno e con calor en veran, sen que a empresa dote o despacho dos medios necesarios para manter unha temperatura constante, e sen entregar roupa adecuada, as veces nin sequer as /2 chaquetas curtas, 2 pantalons, 2 mandis e 2 gorros que esixe o ridiculo convenio.
Evidentemente, como en todolos traballos hoxe, o despido e libre, e se non queren pagar o improcedente buscan algunha razon para o despedimento utilizando a presion e a ameaza aproveitando a situacion de desprotección de moitas mulleres.
Estes son uns trazos da situacion nas panaderias da cidade, esta e a situacion nas panaderias de Galiza.
Neste e en todolos traballos as mulleres atopan unha doble explotacion por ser muller e por ser traballadora.
Traballadora¡ So unha persoa o pode cambiar, ti mesma.
Pide o teu convenio,denuncia a tua situacion. Informate e Loita.
Na CNT a topara persoa que loitaran contigo ata o final.
lunes, diciembre 10, 2007
Panaderias, onde a explotacion ten nome de muller
Publicado por Camareir@ en 12/10/2007 12:22:00 p. m.
Etiquetas: Panaderias
No hay comentarios:
Publicar un comentario