Onte no xornal Diario de Pontevedra sorprendía cunha nova na sección de deportes: o Leis, equipo de futbol sala da cidade de Pontevedra presidido Jose Esperón Pardo, despedía o seu preparador físico por unha carta o director publicada no mesmo diario.
Nesta carta o preparador, 26 anos, saido da carreira universitaria de ciencias do deporte e cunha formación mais que suficiente para facerse cargo de un equipo de División de Honra, denunciaba a situación na que a xuventude nos atopamos no nosos traballos, "Becarios para sempre", comentaba que facía pouco o chamaran dun equipo de División de Honra para facer o traballo para o que se tiña preparado moitos anos, todo foron boas palabras ata que miraba a sua nomina: !400 euros:
-¿e o contrato?
-non , de eso non temos.
-¿E teño que ir os desplazamentos?
-si, de xoves a luns.
-pero teño un traballo polas tardes con contrato, que me pagan mais e non podo faltar...
-ah, eso tu verás.
Así somos a xuventude, carne de canón para os explotadores, da o mesmo a tua preparación as tuas capacidades e a tua ilusión, os proximos anos da tua vida terás que sobrevivir facendo equilibrios, co despido sobre a tua cabeza se protestas ou o empresario se levanta con mal pe.
O preparado fisico foi inmediatamente despedido, Jose A. Esperón Pardo pensou: coma ti hai cen mil que aceptarán as condicións cun ¡as suar ordes, señor! nos beizos.
Dende o Sindicato da CNT de Pontevedra a nosa solidariedade e o noso apoio a este traballador, un dos que día tras día se nega a permanecer calado: ¡NON ESTAS SO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario