Hai un ano repartimos este panfleto en solidariedade a un compañeiro
¿cambiou algo a situación do sector?
Dende este sindicato chamamos a solidaridade e ao boicot a Telepizza S.A e os seus productos
O compañeiro Carlos foi despedido de Telepizza S.A. Zamora por denunciar as irregularidades da empresa cos traballadores.
Esiximos:
Un convenio digno e a fin da precariedade en Telepizza.
Fin das claúsulas nos contratos.
Non aos despidos a traballadores por reclamar os seus dereitos,
coma o compañero Carlos de Telepizza Zamora.
DENUNCIAMOS
1. As claúsulas adicionais dos contratos de Telepizza, das que destacan:
- Claúsula pola que o traballador solicita realizar horas nocturnas, renunciando a cobrar estas horas coma o que son.
- Claúsula na que o traballador comprometese a unha total movilidade
entre centros de traballo próximos.
- Claúsula na que o traballador, contratado como repartidor, ten que facer tamén tarefas de cuponeo, carga e descarga, elaboración de comidas e
todolo que a empresa solicite.
2. Fin do anexo ao contrato tempo parcial sobre horas complementarias:
- Claúsula na que o traballador comprometese a facer 219 horas complementarias a solicitude do empresario.
- Cláusula pola que as horas extras cobraránse coma ordinarias.
Reclamamos o fin das horas complementarias. Se por motivo
extraordinario teñen que facerse cobren o 300% sobre o salario base.
- Claúsula que sinala que o traballador so pode negarse a facer horas
extras si o empresario incumple estatuto dos traballadores.
Todo isto está "legalmente" aprobado no convenio de elaboradores de productos cociñados para a sua venda a domicilio, convenio inxusto. Reivindicamos a sua modificación por un convenio xusto, polo fin da precariedade e dos contratos basura.
Outras irregularidades cometidas en Telepizza Zamora:
- Incumplimento do convenio no referente a publicación dos horarios semanais, que teñen que ser publicados coma moi tarde, o mércoles da semana anterior. Sen embargo estanse a publicar o domingo as 8.30 do serán.
- Incumplimiento do convenio no referente aos descansos semanais, que din que debe ser de dous días a semana non continuos, cousa que non sempre se cumple.
- Horas extras encubertas e que se fan casi todolos días. Moitas delas
nin as apuntan e polo tanto non tes dereito a cobralas nin a que
sumen a final do mes.
- Motocicletas vellas e inseguras.
- Inexistencia de taboleiro de información sindical e da publicidade do
convenio que a empresa ten que colocar no centro de traballo.
- Incitación a competividade con incentivos y amonestacións extras.
- Dificultades a hora de cobrar finiquito, intentando obligarte a que non firmes “recibí pero non conforme” negándote así cualquer reclamación posterior.
- Política de obreiro reivindicativo, obreiro despedido.
- Non todolos empregados teñen casco de moto propio, tendo que compartilo ou usando un xa usado ou de outra talla, limitando desta forma a seguridade e facendo o traballo todavía más desagradable.
Pedimos por todo isto solidaridade e accions neste conflicto
Facemos un chamamento ao boicot a Telepizza
POR DIGNIDADE, DEIXA DE AGOCHAR A CABEZA,
DENUNCIA AS IRREGULARIDADES.
A CLASE TRABALLADORA TEN FORMAS, CON INTELIGENCIA E FORZA,
DE VENCER AOS EXPLOTADORES
Se es traballadora ou traballador denuncianos o teu caso,
se es consumidor boicotea telepizza SA ata a readmisión do despedido.
SOLIDARIEDADE
No hay comentarios:
Publicar un comentario