jueves, enero 10, 2008

Victoria Sindical en VIGO, cafeterias La Barraca, La Pequeña Barraca

O pasado 14 de agosto aparecía publicada na web da CNT de Galiza un artigo sobre a situación laboral d@s traballor@s en La Barraca, La Pequeña Barraca e La Mezcla, de Vigo. Falábase de condicións laborais desgraciadamente habituais no sector tan precario e calado da hostelería: contratos de media xornada cunha xornada semanal a turno completo, salarios por debaixo das categorías profesionais correspondentes segundo convenio, xornadas diarias de máis de nove horas, só un día de descanso sabéndose o caso dunha compañeira que renuncia aeste día por cobrar 100 euros máis, etc., etc.



A nosa compañeira do escrito (Rita Giráldez) entrara a traballar para o señor xefe deste negocio o pasado mes de xullo baixo estas mesmas condicións denigrantes, feito que motivou a presentación dun escrito de denuncia ante Inspección de Traballo. Sendo despedida improcedentemente un mes máis tarde, a denuncia de Inspección dabámola por anulada, cando, para sorpresa de tod@s, a primeiros de decembro recibimos un informe desta administración: un escrito no que, ademais de deixar constancia do paso de Inspección polas dúas cafeterías anteriores; un escrito no que, a pesar de advertir que ningún d@s traballador@s recoñece as condicións laborais que se denuncian, informa da apertura de “dous expedientes sancionadores (…) por dúas faltas graves en materia de afiliacón á Seguridade Social”. Compañeir@s! Aproveitemos estes momentos de cegueira da xustiza para enchernos de razón outra vez. Outra vez o silencio sempre sae máis caro cá “pesadez” da protesta. De novo, GAÑAMOS: mellor polas boas que polas malas (especialmente para @s xef@s), pero que saiban que COS/COAS CURRELAS DE CNT NON SE METE NINGUÉN. E a ver se @s demais (es@s mentiros@s compulsiv@s vendid@s @ patrón/a) se lles contaxia un pouco de dignidade obreira. Un aplauso (polo menos) para @S QUE SEGUEN LOITANDO POLO FUTURO DOS DEMAIS.

No hay comentarios: