O pasado 14 de agosto aparecía publicada na web da CNT de Galiza un artigo sobre a situación laboral d@s traballor@s en La Barraca, La Pequeña Barraca e La Mezcla, de Vigo. Falábase de condicións laborais desgraciadamente habituais no sector tan precario e calado da hostelería: contratos de media xornada cunha xornada semanal a turno completo, salarios por debaixo das categorías profesionais correspondentes segundo convenio, xornadas diarias de máis de nove horas, só un día de descanso sabéndose o caso dunha compañeira que renuncia aeste día por cobrar 100 euros máis, etc., etc.
jueves, enero 10, 2008
Victoria Sindical en VIGO, cafeterias La Barraca, La Pequeña Barraca
Publicado por
Camareir@
en
1/10/2008 11:00:00 a. m.
0
comentarios
Etiquetas: hosteleria
miércoles, diciembre 05, 2007
POLO CONVENIO PROVINCIAL DE HOSTELERIA
A dia de hoxe descoñecemos si os sindicatos que "ostenta a representatividade" teñen denunciado o convenio de hosteleria que remataba o seu vigor en 2007.
Dende a sección de hostelería da CNT de Pontevedra so nos queda facer o que levamos facendo dende que naceu este sindicato, simplemente que se cumplan os minimos que recolle o convenio no dia a dia:
Non temos contrato.
non temos vacacion,"As vacacións anuais terán unha duración de 30 días naturais"
non temos o noso descanso semanal correspondente,"O descanso semanal establecido neste convenio é de día e medio ininterrompido, ou dous días dependendo da aplicación do artigo anterior e o seu desfrute sinalarao a empresa coa suficiente antelación, non podendo ser variado sen consentimento dos afectados"
non se nos pagan as horas extras nin nocturnas...
Se nos aplican categorias inferiores ao traballo real que facemos.
Esta negociacion marcara o noso futuro, so si reaccionamos e esiximos o que e noso.
Para esta negociacion esiximos:
as 30 horas semanais sen diminucion de soldo.
A eliminacion das horas extras, que cada empresa conte cunha plantilla capaz de asumir a sua carga de traballo.
Eliminacion da contratacion a traves de ETTs.
Un reparto racional do numero de mesas e habitacións por camareiro.
Un plus por traballar en exterior, terraza.
Que se considere nocturnidade dende as 22:00 ata as 08:00 e se retribuan cun 75% mais.
Que o tempode baixa a empresa cubra o 100% do soldo dende o primeiro día.
As subas anuais recolleran o IPC real e un 5% mais ata recuperar o poder adquisitivo que os traballador@s temos perdido nos ultimos 20 anos.
Estas son so algunhas das melloras que esiximos, algun dos problemas co que temos que contar dia tras dia os traballadores de hosteleria.
Agora os sindicatos UGT, CCOO e CIG faran o que lles veña en gana.
Publicado por
Camareir@
en
12/05/2007 12:43:00 p. m.
1 comentarios
Etiquetas: hosteleria
