Intentaremos ir dando,aos poucos, coñecementos basicos que todo traballador ten que ter para se defender dos explotadores. Canto mais saibamos mais fortes seremos e mais pequenos seran eles.
As vacacions
Os traballadores teñen, segundo o Estatuto dos Traballadores 30 dias de vacacions anuais, estas son unha obriga das traballador@s e non podemos renunciar a elas. se tes un contrato de 1 mes tes dereito a parte proporcional das vacacions, e dicir 2,5 dias, habitualmente paganse eses dias de vacions non disfrutadas no finiquito.
Segundo recolle o convenio colectivo:
Artigo 19º.-Vacacións.
As vacacións anuais terán unha duración de 30 días naturais. Gozaranse de xeito ininterrumpido se entre empresa e traballador non acordan o seu fraccionamento, respectándose as máis amplas que por norma, costume ou condición máis beneficiosa viñeran desfrutando en empresas ou grupos de traballadores. O seu goce deberá efectuarse dentro do ano natural ao que se corresponde, sen que caiba a súa compensación en metálico, excepto no caso dos contratos temporais cuxa duración estea comprendida en dous anos distintos, que se poderá gozar indistintamente en calquera destes anos, aproveitando para iso as épocas de menor actividade da empresa.
Os traballadores que na data fixada para o comezo das vacacións non tiveran completada unha xornada laboral dun ano de traballo efectivo na empresa, gozaranas en proporción ao tempo da xornada efectivamente traballada.
De común acordo entre a empresa e o traballador, as festas abonables e non recuperables traballadas, poderán acumularse ás vacacións anuais ou ser desfrutadas como descanso continuado en período distinto. En ambos os casos respectarase o descanso semanal que corresponda en cómputo anual sen que esta acumulación de festa aboables e non recuperables signifique redución no tempo de traballo efectivo, que son mil oitocentas horas anuais.
Durante o goce das vacacións anuais, o traballador percibirá da empresa o salario real que lle corresponda polos distintos conceptos retributivos.