martes, abril 29, 2008

CNT invita a manifestarse o 1º de Maio

*O sindicato CNT manifestarase este 1º de Maio en Pontevedra*

As 13:00 partira a manifestación da plaza da Ferreria

As 13:30 mitin na plaza do Teucro
As 14:30 comida de confraternidade no edificio dos sindicatos.


CNT será a ultima das forzas sindicais en iniciar a sua manifestación en Pontevedra. As 13:00 do xoves 1º de Maio partirá da plaza da Ferrería a manifestación unitaria dos sindicatos da anarcosindical galega, representantes dos sindicatos de Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Vigo e o propio sindicato de Pontevedra percorrerán as ruas da cidade. Diferentes actos de propaganda se daran en toda Galiza mentres que o acto central será a manifestación da cidade do Lerez.



Casi 30 anos teñen pasado para que Pontevedra contemplara as ultimas manifestacións protagonizadas polo anarcosindicalismo cando o sindicato CNT desapareceu da cidade, case tanto tempo como o que transcurriu dende o ano 36 cando en maio os traballadores galegos estaban celebrando a firma das 35 horas na construcción de Sevilla, e, cando un mes mais tarde, un golpe de estado iniciaba o rexime de terror.



O sindicato de Pontevedra demostra tres anos despois da sua refundación a capacidade de organización dunha manifestación, e toda esta forza dende a autogestión dun sindicato que non acepta liberados senon que loita coas forzas da solidariedade entre traballadores, que non se presenta as eleccion sindicais senon que organiza asambleariamente as suas seccións sindicais de empresa; que non confia nos xuizos e intenta solucionar os seus conflictos pola negociación directa co empresario.



O momento historico que esta a vivir a CNT devolve ao sindicato a actualidade polos froitos da sua acción sindical dende o ano 2000 en adiante; accion sindical que se multiplicou e venceu demostrando a capacidade do modelo sindical do anarcosindicalismo.



A CNT invita a todalas traballadoras e traballadores da Galiza a acercarse a Pontevedra a manifestación da clase obreira, fronte as manifestacion dos liberados sindicais e profesionais do sindicalismo que protagonizan ano tras ano CCOO, UGT e CIG.



Orgullo e combatividade para o Primeiro de Maio.



A Confederación Nacional do Traballo (CNT-AIT) de Pontevedra convoca a
todalas traballadoras e traballadores da Comarca de Pontevedra a Manifestación do Primeiro de Maio.


A CNT en Pontevedra


A anarcosindical de Pontevedra reconstituiuse como sindicato na cidade en 2005, durante estes 3 anos o sindicato tense asentado presentandose coma unha opción sindical enfrontada ao modelo de funcionamento do resto de sindicatos, que se xestionan coma empresas coa financiación de miles de millons do ministerio de traballo, controlando a conflictividade obreira a traves dos comites de empresa e os miles de liberados que hai anos que non se presentan aos seus postos de traballo, e que so fixeron nestes trinta anos de historia desmovilizar a clase obreira. A CNT non acepta subvencións, non ten liberados e non se presenta as eleccións sindicais, a CNT non pide o voto, senon que boga polas seccións sindicais e a forza da organización e a asemblea; un modelo autoxestionando e que plantexa a solución dos conflictos na accion directa, e dicir, a negociación sen intermediarios entre os traballadores e o empresario.

Nos ultimos 3 anos a CNT de Pontevedra ten multiplicado por catro o seu numero de afiliados e tense asentado con varias seccións sindicais e a resolución de moitos problemas laborais dos seus afiliados e de traballadores que se teñen acercado polo seu local sindical.
A CNT de Pontevedra a forman traballadoras e traballadores que se forman a si mesmos na practica do sindicalismo, que se apoian ante calquer situación, e que teñen a sua forza nesta union.

Cando entras no local da CNT atopas a traballadoras e traballadores que deixan parte do seu tempo libre para solucionar os problemas de todos.



Xunto con Pontevedra nos ultimos anos teñense reconstituido os sindicatos da CNT en Ferrol e Lugo co pulo dun novo sindicalismo que comeza a moverse na Galiza.



Unha pequena historia do 1º de maio



O Primeiro de Maio e a data na que a clase traballadora Mundial celebra a sua capacidade para cambiar a situación de explotacion da maioria por unha minoria. O 1º de Maio de 1889 se convocou a folga xeral en Estados Unidos polas 8 horas de traballo, desa loita foron detidos e colgados en Chicago cinco anarquistas que loitaban xuntos cos demais obreiros; aos martires de Chicago se lle sumaron nos seguintes anos moitos mortos mais que loitaban polo fin da escravitude dos obreiros asalariados; en 1918 a CNT a traves da folga da Canadiense conseguía as 8 horas de traballo en España, e en 1936 a CNT firma as 35 horas semanais para a construcción en Sevilla, un proceso que tería sido imparable de non terse levantado o exercito contra o pobo traballador.

O que se logrou cunha clase obreira organizada e unida tense perdido nos ultimos anos cunha clase que non confía nun sindicatos de xestión e dirixidos por unha clase de burocracia sindical alonxada do traballo.

No hay comentarios: