O pasado mércores unha camareira filiada à CNT era despedida de xeito fulminante desta cafetaria situada no centro comercial Área Central de Compostela. O motivo foi negar-se a asinar unha nómina na que se consignaba o pago dun salário por riba do que realmente recibia a traballadora.
A camareira despedida abria o local ás 8:30 e remataba a sua quenda às 14:30. O contrato, en cámbio, foi asinado por 4 horas diárias (de luns a venres) en lugar de 6 (de luns a sábado) que son as horas que efectivamente realizaba.
A traballadora asina estas condicións baixo ameaza de despedimento, xa que levaba máis de duas semanas traballando no momento da sinatura do contrato escrito (“en el finikito las cosas son así y si no te gusta te vas y no voy a discutir delante de los clientes”, dicia o señor Eduardo). A isto o empresário chama-lle pacto libre. Outra ameaza de despedimento produce-se após duas negativas a facer horas extra (horas que a traballadora indicou que non podia facer por incompatibilidade horária antes de iniciar-se a relación laboral).
En Febreiro aparece en O Finikito unha Inspección de Traballo. Preguntada a compañeira despedida acerca do seu horário, esta responde a realidade (6 horas ao dia de luns a sábado). A inspección só funcionou parcialmente, no senso de amedrentar ao empresário a respeito da posibilidade de que unha nova inspección se producise en sábado, dia polo que non estaba sequera contratada, polo que o señor Eduardo ampliou o contrato incluindo os sábados.
A consecuéncia foi que a primeira nómina referida ao periodo de cotización completo dun mes a 25 horas semanais (a compañeira facia 36), daba unha cantidade superior aos 600 euros, que pagaba en man. Negando-se Eduardo a pagar a cantidade establecida na nómina (70 euros de diferéncia) en claro castigo por delatá-lo ante a inspección, a traballadora di que non asina. O despedimento é inmediato: “No te voy a pagar más de 600, no discutas delante de los clientes y estás despedida”. Obviamente non chegou a pagar-lle nada.
A sobérbia empresarial manifestada na exixéncia de total sumisión que chega aos extremos de obrigar a asinar recibos que non se reciben, non pagar os festivos traballados nen recuperar os mesmos con outro dia libre ou conceder só 22 dias naturais de vacacións. Calquera negativa a todos estes abusos é respostada co despedimento. Sabendo o empresário que a xente necesita traballar para sobrevivir, pagar o piso e comer, coloca-o nunha situación de impunidade e de absoluta conciéncia de que pode facer o que queira coas traballadoras, que se atopan à sua mercede, sendo as suas vidas unha propiedade máis.
Desde a CNT de Compostela exiximos a readmisión inmediata da compañeira no seu posto de traballo. Con este motivo damos comezo a unha campaña de boicot à cafetaria "O Finikito" entanto non se produza esta readmisión, e como primeiro paso está mesma mañá vári@s compañeir@s concentraban-se nas portas do establecemento para informar aos consumidores da cafetaria, aos clientes de Área central e à veciñanza das Fontiñas das prácticas anti-operários que gosta de practicar o señor Eduardo.
lunes, abril 07, 2008
Readmisión da despedida na cafetaria "O Finikito"
Publicado por Camareir@ en 4/07/2008 10:31:00 a. m.
No hay comentarios:
Publicar un comentario