FILTRALAR S. L. é unha empresa de carrachas que, como non, fundamentan o seu negocio no traballo dos demais. A labor desta empresa consiste na venta, distribución e sobre todo manteñemento, dun aparato que se vende como purificador de aire, pero que en realidade é un aspirador multiusos de nome FITERQUEEN, que se vende á frioleira de 3700€. Debido ó seu elevado custo seríalles completamente imposible colocar algún sen contar coa inestimable axuda de CAIXANOVA, que financia o aparato e é cómplice deste fraude.
¿Como se lle vende a milonga a un comercial de que un aspirador vale 3700€?O día que pisas a empresa comezan a encherte a cabeza con promesas de xugosas comisións por venta, uníndote a un novo grupo de comerciais que coma ti están encandilados co funcionamento interno da empresa: sucursais por toda Galiza, servizo técnico, telefonistas, “cursos de formación”, cerimonias de benvida, palmadiñas no lombo, amplos sorrisos polos corredores… Lévante a vivir o teu auténtico soño americano e crean arredor túa un ambiente de camaradería e solvencia que fan que comeces a crer cegamente nas boas intencións da compañía. E cando levas unha semana de preparación xa estás listo para saír á rúa a vender aspiradores.
Os equipos de vendedores non adoitan durar máis de 2 meses, agás contadas e rastreirísimas excepcións. Os vendedores, xa convencidos das bondades do aspirador, tiran da súa axenda persoal e por recomendación concienciada e teimuda da empresa concertan citas cos seus familiares máis vulnerables (a tía Paca ten problemas respiratorios, pois chámoa e lle coloco un. ¿Como imos desconfiar do noso propio sobriño?
Pero o desengano chega. A empresa non é a raíña das condicións laborais, e á hora de cobrar a primeira mensualidade empezan os problemas. Non só recortan os 2000 € acordados a 600 (que uns cobran e outros… non), alegando que a lei “os obriga” a facerlles contrato en prácticas, senón que nin sequera se fala das comisións.
E non é precisamente por falta de liquidez, pois os comerciais aportan uns beneficios inmorais en relación co que perciben, cantidade que nin sequera lles cubre os gastos de combustible. Fulano vendeu 3 máquinas (11.100 €), Mengano 2 (7.400 €), Zutano 5 (18.500)… Un montón de pasta, vaia.¿Como te desfás do persoal sen que che custe nin un só peso?Cando chega o momento da segunda paga, chega a frustración.
A empresa invéntase unha segunda excusa para non pagar. O comercial, farto, sen cartos e sen ganas de loitar por el, vaise queimado, pero cando marcha xa vendeu varias máquinas a familiares e amigos, e unha semana despois de firmar o contrato de venta xa non se poden botar atrás. FILTRALAR ten o seu beneficio e CAIXANOVA un novo escravo das cuotas.
¿Quen perde aquí?
O noso compañeiro José Alberto empezou a traballar en xaneiro, e o día 11 dese mesmo mes vende o seu primeiro aparato, como non, á súa propia nai, pero non terá contrato, de tres meses de duración, nin alta na Seguridade Social ata o 7 de marzo.Pero malia ter contrato ata o 7 de xuño, o superdotado do administrador deuno de baixa na Seguridade Social o 24 de marzo, resultando a lamentable á par que hilarante realidade de ter un contrato laboral en vigor sen estar asegurado. ¿Existe maior abaratamento dos custos laborais?
O total do percibido ata o momento polo noso compañeiro de FILTRALAR entre Xaneiro e Abril é de 790 €, cando só en gasolina e peaxes xa leva gastados 1000 €. A empresa fai un negocio redondo. Entran moitos cartos pero non sae nada, habendo xente que se está enchendo os petos a costa do suor doutros.
O sindicato CNT de Pontevedra xa se puxo mans á obra, e entre outras cousas xa interpuxo unha demanda por impago de nómina, horas extras, gasolina e quilometraxe. O noso compañeiro só pide o seu, e así o defenderá no acto de conciliación coa empresa, concertado para a mañá do 28 de abril.Pero a nosa misión non se debe limitar á acción meramente burocrática. A asemblea, conforme á vontade do noso compañeiro, decidiu emprender unha serie de concentracións periódicas fronte ás oficiñas desta empresa de explotadores ata que non poñamos fin á precariedade. A primeira faremo-la xa.
VENRES 25 ÁS 16:00 NA RÚA BARRIGA VERDE nº1 (LEREZ)SEDE DE FILTRALAR S.L.
jueves, abril 24, 2008
Comerciais, a explotacion chama a tua porta...
Publicado por Camareir@ en 4/24/2008 01:17:00 p. m.
1 comentario:
Queridos compañeros , escribo en castellano porque desgraciadamente mi gallego es muy malo. quiero comentaros sobre filtralar que una señora compró una maquina como la que vosotros describis, la engañaron miserablemente, mandamos dos fax para que en el plazo indicado recogieran la màquina, elregalo y nos devolvieran los 300 euros de cuota inicial que la señora habia adelantado, no conseguimos que vinieran, la encargada de filtralar Santiago, que se llama MCARMEN, me gustaria que la oyerais (persona caradura y sinverguenza) dando largas continuamente, el 27 de agosto a la tarde nos presentamos enla empresa para devolver la maquina, nos mantienen en espera casi una hora, al final cuando llega la "sra" no hubo manera de que recogiera la maquina, diciendonos que aldia siguiente se la recogerian, no os lo perdais, se presento la venderora que se llama"EVA" antes de las diez de la mañana, para que no estuvieran los familiares en casa. diciendole que firmara un papel revocando el primer fax, la buena de la señora creyendo que esto era asì firmo, os podeis imaginar, lo que firmo era la revocacion , de los 2 faxs,el disgusto que tiene la señora es monumental, a todo esto la querida vendedora salio por pies despues de conseguir lo que queria justo ayer se cumplian los a7 dias, me pregunto si la vendedora ya no los responsables de la empresa porque a esos ya nise les puede catalogar)tendra padres, hermanos, si vale la pena por un poco de dinero perder la esdignidad que se sepa que esto "esta pasando en MUXIA" esta señora se puso en contacto con una asociacion de consumidores y en esta asociacion conocen perfectamente a FILTRALAR, megustaria que esta asociacion si no lo hizo sacara todo esto en internet. Voy a dejar el tema de momento porque es muy extenso, de todas formas os mantendre informadod. Un abrazo MARUXA
Publicar un comentario