Como moitos xa sabiamos e outros están a comprobar agora, os empresarios so nos utilizan como forza de raballo, como unha maquina máis, cando sobramos dan un golpe na mesa unha patada no noso cu. E para o paro.
Así lle parece a Schweppes que se fan as cousas despedindo a metade dos traballadores que fan o servicio de xestión de stocks, pero as empresas son moi listas e contrata aos seus traballador@s a traves da ETT Manpower, polo que supostamente a relacion laboral e coa ETT e non con Schweppes. Pero para iso está o sindicato que antes do despedimento estaba xa a recoller probas para demostrar esta cesión ilegal de traballadores, esta ilegalidade que converte aos traballador@s en cromos que se intercambian e que poden ser despedidos con indemnizacións ridiculas.
Cando ti traballas co material de unha empresa, na oficina dunha empresa, te paga esa empresa ti ES UN TRABALLADOR DESA EMPRESA e non deses chiringuitos legalizados por UGT, CCOO e o goberno que se chaman ETTs, maquinas que comen traballador@s para logo vomitalos.
Agora Schweppes e Manpower van ter que mirar a cara aos traballadores despedidos, e van ter medo porque medio pasiño detras deles vai estar o seu sindicato a CNT.
E hora de defenderse, e hora de loitar, e hora de afiliarse, e hora de CNT.
miércoles, abril 08, 2009
ETTs, schweppes, contratos irregulares e despedimentos
Publicado por Camareir@ en 4/08/2009 12:46:00 p. m.
No hay comentarios:
Publicar un comentario