viernes, abril 17, 2009

Restaurante Illa San SImón, paga o que debe.

Cando tes algo de experiencia laboral descubres varias cousas, unha delas e a desconfiar do teu xefe, co tempo tamén descubres que a lexislación laboral non sirve para casi nada, e o mais importante O DESPIDO E LIBRE.
Eso o podes descubrir por unha mala experiencia ou se estas afiliado a CNT xa sabelo sin ter que ter que sufrilo.
Cando te humillan, te despiden, e te queren pechar a boca con 200 euros algúns reaccionamos e outros non, algúns temos medo e outros sabemos que non temos nada que perder.
A nosa compañeira Ana dixo ben alto, ata aquí chegamos, e foi cos compañeir@s do sindicato a falar coa empresaria por duas veces, e como os cobardes son moi valente cos que cree mais debiles, e o sindicato o que ten que facer valer a sua forza, a seman seguinte o Restaurante recoñecía a improcedencia do despedimento e ingresaba os mil euros que correspondían por liquidación.
Non e unha grande victoria, ainda que a nosa compañeira podera vivir un par de meses mais buscando un novo traballo, pero nos serve para aprender varias cousas:
O DESPIDO E LIBRE E GRATUITO, cando os traballadores nos deixamos asoballar.
O DESPIDO E LIBRE PERO NON GRATUITO cando quedas no sitio e mirandolles aos ollos e esixindo todo o que te corresponde.
O DESPIDO podese vencer coa forza da unión dos traballadores

e mais

A FORZA DA UNIÓN E A TUA UNICA ARMA

No hay comentarios: