O día 23 o noso compañeiro Alfonso foi despedido do seu posto de traballo no Mercadona no barrio de San Mauro, en Pontevedra, mentres se atopaba de baixa, na cama, cunha terrible otite.
Todo comezou o día 9 de marzo cando se manifestou a súa enfermidade e o seu coordinador levouno ao hospital, mercoulle as menciñas e deixouno na casa. O noso compañeiro non tiña aínda a sua tarxeta do Sergas, xa que provén de Cadiz. Até o día 20 non puido levantarse da cama, falar coa inspección medica e remitir os partes de baixa dende o día 9.
Agora o coordinador nega saber que estivera enfermo, que soubera nada desa baixa...
Agora entra a CNT en xogo, e non imos dicir que Mercadona non sabe con quen se mete, porque a día de hoxe Mercadona sabe ben que cada vez que intenta morder á CNT, rompe un dente, ela e o seu avogado, que cre que pode amedrentar a un traballador. Xa aprendeu cos casos de Compostela, agora vén a segunda lección; o que non aprendiches na facultade de Dereito dos teus profesores, terás que aprendelo na rúa e da clase traballadora, desas que pensas que somos unhas iñorantes.
miércoles, abril 15, 2009
Revolta con mercadona, volvemos as ruas
Publicado por Camareir@ en 4/15/2009 12:05:00 p. m.
No hay comentarios:
Publicar un comentario