viernes, agosto 29, 2008

FILTRALAR de novo

Reproduciomos o comentario que chegou onte á nova sobre filtralar, calquer denuncia deste tipo tera un altofalante neste blog:

Queridos compañeros , escribo en castellano porque desgraciadamente mi gallego es muy malo. quiero comentaros sobre filtralar que una señora compró una maquina como la que vosotros describis, la engañaron miserablemente, mandamos dos fax para que en el plazo indicado recogieran la màquina, elregalo y nos devolvieran los 300 euros de cuota inicial que la señora habia adelantado, no conseguimos que vinieran, la encargada de filtralar Santiago, que se llama MCARMEN, me gustaria que la oyerais (persona caradura y sinverguenza) dando largas continuamente, el 27 de agosto a la tarde nos presentamos enla empresa para devolver la maquina, nos mantienen en espera casi una hora, al final cuando llega la "sra" no hubo manera de que recogiera la maquina, diciendonos que aldia siguiente se la recogerian, no os lo perdais, se presento la venderora que se llama"EVA" antes de las diez de la mañana, para que no estuvieran los familiares en casa. diciendole que firmara un papel revocando el primer fax, la buena de la señora creyendo que esto era asì firmo, os podeis imaginar, lo que firmo era la revocacion , de los 2 faxs,el disgusto que tiene la señora es monumental, a todo esto la querida vendedora salio por pies despues de conseguir lo que queria justo ayer se cumplian los a7 dias, me pregunto si la vendedora ya no los responsables de la empresa porque a esos ya nise les puede catalogar)tendra padres, hermanos, si vale la pena por un poco de dinero perder la esdignidad que se sepa que esto "esta pasando en MUXIA" esta señora se puso en contacto con una asociacion de consumidores y en esta asociacion conocen perfectamente a FILTRALAR, megustaria que esta asociacion si no lo hizo sacara todo esto en internet. Voy a dejar el tema de momento porque es muy extenso, de todas formas os mantendre informados. Un abrazo MARUXA


O noso compañeiro Jose Alberto rematou xa o seu contrato moi feliz e contento, Jose Alberto convertiuse nunha enorme molestia para a empresa; ademais de cobrar todalas debedas estivo cobrando todolos conceptos que non se lle pagaran ata enton: desplazamentos, dietas. A empresa coidouse moito de axustar os seus horarios as 8 horas diarias e de que non volvera facer horas extras (o convenio non as permite). Tamen o noso compañeiro, persoa coa etica dun ser human, nunca cumpliu os "designios" da empresa... Nunca se adicou a traballarse a persoas maiores indefensas, a vender filtros que non eran necesarios... a facer cousas como as que denuncia Maruxa.

miércoles, agosto 27, 2008

Non sexamos pardill@s...

Xa esta a rematar a temporada de Veran para os traballador@s ocasionais da hosteleria; moit@s traballan sen contratos, moitos outr@s traballan con contrato fraudulento contratos de 4 horas diarias traballando 10 ou 12 horas...
Para evitalo hai que loitar contra esta esplotacion, ainda que o teu traballo sexa por 3 meses non podemos permitir ser pisados. Hai que sindicarse e facer frente co apoio dos demais traballador@s do sector.

Antes de firmar o voso finiquito:
tedes dereito a asistir cun testigo ou asesor.
Tedes dereito a non firmalo e levar unha copia para que revisen as cantidades.


Non piquemos de pardill@s, asesorate nos sindicatos.


Compostela.

R/ García Prieto, 24-28-15706 COMPOSTELA
Ver en Google-Maps

Telefone. 981 59 09 10-Fax 981 53 42 56

Apartado 590-15780 COMPOSTELA

compostela@cntgaliza.org

Horario:
De Luns a Venres de 19:00 a 21:30
Martes e Xoves de 12:00 a 14:00

Permanéncias de seccións:
Administración pública: Martes de 19:00 a 21:30
Hostelaria e pizzarias: Xoves de 19:00 a 21:30
Ensino: Venres de 19:00 a 21:30

Asesoria xurídica:
Xoves de 19:00 a 21:30

A Coruña.

R/ Washington 36 baixo - 15011 A CORUÑA

Teléfone e Fax: 981 904 044

Apartado 928 -15080 A CORUÑA

corunha@cntgaliza.org

Betanzos.

Apartado 95 -15300 BETANZOS

betanzos@cntgaliza.org

Ferrol.

Avenida de Esteiro nº10 baixo. 15401 Ferrol-A coruña

Apartado 147. 15401 Ferrol-A Coruña

ferrol@cntgaliza.org

Horario:
Luns de 19 a 21h
Venres de 20 a 22h
Sábados de 11:30 a 13h

Podes escoitar os boletins radiofonicos da CNT a traves das ondas da radio libre e comunitaria de trasancos "Radio Filispim" no 93.9 da FM, no programa "Espazo Libertario".
En directo os mercores de 20 a 21h
En diferido os luns de 9 a 10h e os venres de 16 a 17h

Lugo.

R/ Nova, 103-1º dta. 27001 LUGO

Telefone. 650 269 807

lugo@cntgaliza.org

Ourense.

Apartado de Correos 92 - 32080 OURENSE

ourense@cntgaliza.org

Vigo.

R/ Príncipe 22, 1º piso, local 34- 36202 VIGO

Telefone e fax: 886 116 558

vigo@cntgaliza.org

Pontevedra.

R/ Pasanteria nº 1 (Edificio dos Sindicatos), 3º andar 36002 PONTEVEDRA

Telefone : 607 511 678

Permanencias: luns, mércores e xoves de 12:00 a 13:30 sección hostelería. Martes, Xoves 20:00-21:30

pontevedra@cntgaliza.org

lunes, junio 23, 2008

REVISION TABOAS SALARIAIS


Aqui tedes as novas taboas salariais aprobadas hai un mes, estas son as taboas polas que tedes que guiarvos a partir de agora para calcular o voso soldo co convenio na man.

polo que se ve hai vida nos sindicatos de hostelería, para reunirse coa patronal, pero non para denunciar o convenio colectivo que leva un ano caducado. Se queredes pedir contas, "os negociadores" son:
Por CCOO Santiago Martin Iglesias
Por CIG Mª do Transito Fdz. Fdz.
Por UGT Jose A. Boullosa Gomez

Dende a CNT preguntamonos cantas camas fixeron na sua vida, cantas noites teñen ese formigueo nas pernas por pasar tantas horas de pe, cantos cortes co coitelo teñen nas mans estes negociadores...

Un detalle mais, observade como se aplican as subas salarias por porcentaxes, como vai crecendo a diferencia entre os grupos de traballadores: o aumento para o grupo 1 ( o mais alto) e de 25 euros, o aumento para o grupo 14 e de 12 euros. Así negocian os sindicatos oficiais: mais para os que mais teñen... E mentres os nosos contratos (si os temos) se lle aplica a categoria mais baixa posible.

A CNT defende as subidas inversamente proporcionais, nas que os que menos cobran teñan un aumento maior, ata que os soldos base se igualen, Equen teña mais responsabilidades que o reciba a traves dun plus.

ASEMBLEAS E NEGOCIACION DO CONVENIO XA

Se non entendedes ben a taboa podedes pedila ao noso email en formato pdf
. Disculpade a inoperancia informatica

NIVEIS 2006 - SALARIO- REVISIÓN SALARIO 2007- SALARIAIS REVISADO 2007 AO 31/12/07= 2,20 % REVISADO
1 1.176,28 1.211,57 25,88 1.237,45
2 1.133,59 1.167,60 24,94 1.192,54
3 1.072,59 1.104,77 23,60 1.128,37
4 1.042,11 1.073,37 22,93 1.096,30
5 1.007,24 1.037,46 22,16 1.059,62
6 968,04 997,08 21,30 1.018,38
7 937,54 965,67 20,63 986,30
8 902,7 929,78 19,86 949,64
9 863,48 889,38 19,00 908,38
10 828,64 853,53 18,23 871,76
11 798,13 822,07 17,56 839,63
12 763,28 786,18 16,79 802,97
13 711 732,33 15,64 747,97
14 551,38 567,92 12,13 580,05
PLUS DE TRANSPORTE 2,64 2,72 0,06 2,78
P. MANUTENCIÓN 33,43 34,43 0,74 35,17
ALOXAMENTO 1,93 1,99 0,04 2,03









lunes, mayo 19, 2008

SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL

O Bar Finikito (Centro Comercial Area Central- As fontiñas) está en conflicto coa CNT. O seu empresario-ladrón ven de despedir a dúas compañeiras pola súa condición de afiliadas á Confederación. E o sindicato de Compostela actúa solidariamente e non vai permeter tanta chulería patronal.

Cada vez máis neste sector aparecen grandes cadenas nacionáis e internacionáis onde non é tan fácil acceder á Patronal, tapada nas sedes centráis a moitos kilometros. E o caso de Starbuks. Neste video,traballadores americanos da IWW nos falan(en inglés e español) das loitas laboráis en Starbucks tanto no seu país como do ultimo conflicito en Sevilla.


Como a emplotación laboral non ten fronteiras non queremos esquecer aquí a loita dos nosos compañeiros da FORA-AIT polo despido de 8 persoas no Restaurante "LA Pergola". Vemos con esperanza o rexurdir do anarcosindicalismo arxentino e queremos asímesmo que a gran colonia de arxentinos en Galicia saiba destas loitas na súa terra.

martes, abril 29, 2008

CNT invita a manifestarse o 1º de Maio

*O sindicato CNT manifestarase este 1º de Maio en Pontevedra*

As 13:00 partira a manifestación da plaza da Ferreria

As 13:30 mitin na plaza do Teucro
As 14:30 comida de confraternidade no edificio dos sindicatos.


CNT será a ultima das forzas sindicais en iniciar a sua manifestación en Pontevedra. As 13:00 do xoves 1º de Maio partirá da plaza da Ferrería a manifestación unitaria dos sindicatos da anarcosindical galega, representantes dos sindicatos de Coruña, Ferrol, Compostela, Lugo, Vigo e o propio sindicato de Pontevedra percorrerán as ruas da cidade. Diferentes actos de propaganda se daran en toda Galiza mentres que o acto central será a manifestación da cidade do Lerez.



Casi 30 anos teñen pasado para que Pontevedra contemplara as ultimas manifestacións protagonizadas polo anarcosindicalismo cando o sindicato CNT desapareceu da cidade, case tanto tempo como o que transcurriu dende o ano 36 cando en maio os traballadores galegos estaban celebrando a firma das 35 horas na construcción de Sevilla, e, cando un mes mais tarde, un golpe de estado iniciaba o rexime de terror.



O sindicato de Pontevedra demostra tres anos despois da sua refundación a capacidade de organización dunha manifestación, e toda esta forza dende a autogestión dun sindicato que non acepta liberados senon que loita coas forzas da solidariedade entre traballadores, que non se presenta as eleccion sindicais senon que organiza asambleariamente as suas seccións sindicais de empresa; que non confia nos xuizos e intenta solucionar os seus conflictos pola negociación directa co empresario.



O momento historico que esta a vivir a CNT devolve ao sindicato a actualidade polos froitos da sua acción sindical dende o ano 2000 en adiante; accion sindical que se multiplicou e venceu demostrando a capacidade do modelo sindical do anarcosindicalismo.



A CNT invita a todalas traballadoras e traballadores da Galiza a acercarse a Pontevedra a manifestación da clase obreira, fronte as manifestacion dos liberados sindicais e profesionais do sindicalismo que protagonizan ano tras ano CCOO, UGT e CIG.



Orgullo e combatividade para o Primeiro de Maio.



A Confederación Nacional do Traballo (CNT-AIT) de Pontevedra convoca a
todalas traballadoras e traballadores da Comarca de Pontevedra a Manifestación do Primeiro de Maio.


A CNT en Pontevedra


A anarcosindical de Pontevedra reconstituiuse como sindicato na cidade en 2005, durante estes 3 anos o sindicato tense asentado presentandose coma unha opción sindical enfrontada ao modelo de funcionamento do resto de sindicatos, que se xestionan coma empresas coa financiación de miles de millons do ministerio de traballo, controlando a conflictividade obreira a traves dos comites de empresa e os miles de liberados que hai anos que non se presentan aos seus postos de traballo, e que so fixeron nestes trinta anos de historia desmovilizar a clase obreira. A CNT non acepta subvencións, non ten liberados e non se presenta as eleccións sindicais, a CNT non pide o voto, senon que boga polas seccións sindicais e a forza da organización e a asemblea; un modelo autoxestionando e que plantexa a solución dos conflictos na accion directa, e dicir, a negociación sen intermediarios entre os traballadores e o empresario.

Nos ultimos 3 anos a CNT de Pontevedra ten multiplicado por catro o seu numero de afiliados e tense asentado con varias seccións sindicais e a resolución de moitos problemas laborais dos seus afiliados e de traballadores que se teñen acercado polo seu local sindical.
A CNT de Pontevedra a forman traballadoras e traballadores que se forman a si mesmos na practica do sindicalismo, que se apoian ante calquer situación, e que teñen a sua forza nesta union.

Cando entras no local da CNT atopas a traballadoras e traballadores que deixan parte do seu tempo libre para solucionar os problemas de todos.



Xunto con Pontevedra nos ultimos anos teñense reconstituido os sindicatos da CNT en Ferrol e Lugo co pulo dun novo sindicalismo que comeza a moverse na Galiza.



Unha pequena historia do 1º de maio



O Primeiro de Maio e a data na que a clase traballadora Mundial celebra a sua capacidade para cambiar a situación de explotacion da maioria por unha minoria. O 1º de Maio de 1889 se convocou a folga xeral en Estados Unidos polas 8 horas de traballo, desa loita foron detidos e colgados en Chicago cinco anarquistas que loitaban xuntos cos demais obreiros; aos martires de Chicago se lle sumaron nos seguintes anos moitos mortos mais que loitaban polo fin da escravitude dos obreiros asalariados; en 1918 a CNT a traves da folga da Canadiense conseguía as 8 horas de traballo en España, e en 1936 a CNT firma as 35 horas semanais para a construcción en Sevilla, un proceso que tería sido imparable de non terse levantado o exercito contra o pobo traballador.

O que se logrou cunha clase obreira organizada e unida tense perdido nos ultimos anos cunha clase que non confía nun sindicatos de xestión e dirixidos por unha clase de burocracia sindical alonxada do traballo.

jueves, abril 24, 2008

Comerciais, a explotacion chama a tua porta...

FILTRALAR S. L. é unha empresa de carrachas que, como non, fundamentan o seu negocio no traballo dos demais. A labor desta empresa consiste na venta, distribución e sobre todo manteñemento, dun aparato que se vende como purificador de aire, pero que en realidade é un aspirador multiusos de nome FITERQUEEN, que se vende á frioleira de 3700€. Debido ó seu elevado custo seríalles completamente imposible colocar algún sen contar coa inestimable axuda de CAIXANOVA, que financia o aparato e é cómplice deste fraude.
¿Como se lle vende a milonga a un comercial de que un aspirador vale 3700€?O día que pisas a empresa comezan a encherte a cabeza con promesas de xugosas comisións por venta, uníndote a un novo grupo de comerciais que coma ti están encandilados co funcionamento interno da empresa: sucursais por toda Galiza, servizo técnico, telefonistas, “cursos de formación”, cerimonias de benvida, palmadiñas no lombo, amplos sorrisos polos corredores… Lévante a vivir o teu auténtico soño americano e crean arredor túa un ambiente de camaradería e solvencia que fan que comeces a crer cegamente nas boas intencións da compañía. E cando levas unha semana de preparación xa estás listo para saír á rúa a vender aspiradores.

Os equipos de vendedores non adoitan durar máis de 2 meses, agás contadas e rastreirísimas excepcións. Os vendedores, xa convencidos das bondades do aspirador, tiran da súa axenda persoal e por recomendación concienciada e teimuda da empresa concertan citas cos seus familiares máis vulnerables (a tía Paca ten problemas respiratorios, pois chámoa e lle coloco un. ¿Como imos desconfiar do noso propio sobriño?

Pero o desengano chega. A empresa non é a raíña das condicións laborais, e á hora de cobrar a primeira mensualidade empezan os problemas. Non só recortan os 2000 € acordados a 600 (que uns cobran e outros… non), alegando que a lei “os obriga” a facerlles contrato en prácticas, senón que nin sequera se fala das comisións.
E non é precisamente por falta de liquidez, pois os comerciais aportan uns beneficios inmorais en relación co que perciben, cantidade que nin sequera lles cubre os gastos de combustible. Fulano vendeu 3 máquinas (11.100 €), Mengano 2 (7.400 €), Zutano 5 (18.500)… Un montón de pasta, vaia.¿Como te desfás do persoal sen que che custe nin un só peso?Cando chega o momento da segunda paga, chega a frustración.
A empresa invéntase unha segunda excusa para non pagar. O comercial, farto, sen cartos e sen ganas de loitar por el, vaise queimado, pero cando marcha xa vendeu varias máquinas a familiares e amigos, e unha semana despois de firmar o contrato de venta xa non se poden botar atrás. FILTRALAR ten o seu beneficio e CAIXANOVA un novo escravo das cuotas.
¿Quen perde aquí?

O noso compañeiro José Alberto empezou a traballar en xaneiro, e o día 11 dese mesmo mes vende o seu primeiro aparato, como non, á súa propia nai, pero non terá contrato, de tres meses de duración, nin alta na Seguridade Social ata o 7 de marzo.Pero malia ter contrato ata o 7 de xuño, o superdotado do administrador deuno de baixa na Seguridade Social o 24 de marzo, resultando a lamentable á par que hilarante realidade de ter un contrato laboral en vigor sen estar asegurado. ¿Existe maior abaratamento dos custos laborais?

O total do percibido ata o momento polo noso compañeiro de FILTRALAR entre Xaneiro e Abril é de 790 €, cando só en gasolina e peaxes xa leva gastados 1000 €. A empresa fai un negocio redondo. Entran moitos cartos pero non sae nada, habendo xente que se está enchendo os petos a costa do suor doutros.

O sindicato CNT de Pontevedra xa se puxo mans á obra, e entre outras cousas xa interpuxo unha demanda por impago de nómina, horas extras, gasolina e quilometraxe. O noso compañeiro só pide o seu, e así o defenderá no acto de conciliación coa empresa, concertado para a mañá do 28 de abril.Pero a nosa misión non se debe limitar á acción meramente burocrática. A asemblea, conforme á vontade do noso compañeiro, decidiu emprender unha serie de concentracións periódicas fronte ás oficiñas desta empresa de explotadores ata que non poñamos fin á precariedade. A primeira faremo-la xa.
VENRES 25 ÁS 16:00 NA RÚA BARRIGA VERDE nº1 (LEREZ)SEDE DE FILTRALAR S.L.

lunes, abril 07, 2008

Readmisión da despedida na cafetaria "O Finikito"

O pasado mércores unha camareira filiada à CNT era despedida de xeito fulminante desta cafetaria situada no centro comercial Área Central de Compostela. O motivo foi negar-se a asinar unha nómina na que se consignaba o pago dun salário por riba do que realmente recibia a traballadora.

A camareira despedida abria o local ás 8:30 e remataba a sua quenda às 14:30. O contrato, en cámbio, foi asinado por 4 horas diárias (de luns a venres) en lugar de 6 (de luns a sábado) que son as horas que efectivamente realizaba.

A traballadora asina estas condicións baixo ameaza de despedimento, xa que levaba máis de duas semanas traballando no momento da sinatura do contrato escrito (“en el finikito las cosas son así y si no te gusta te vas y no voy a discutir delante de los clientes”, dicia o señor Eduardo). A isto o empresário chama-lle pacto libre. Outra ameaza de despedimento produce-se após duas negativas a facer horas extra (horas que a traballadora indicou que non podia facer por incompatibilidade horária antes de iniciar-se a relación laboral).

En Febreiro aparece en O Finikito unha Inspección de Traballo. Preguntada a compañeira despedida acerca do seu horário, esta responde a realidade (6 horas ao dia de luns a sábado). A inspección só funcionou parcialmente, no senso de amedrentar ao empresário a respeito da posibilidade de que unha nova inspección se producise en sábado, dia polo que non estaba sequera contratada, polo que o señor Eduardo ampliou o contrato incluindo os sábados.

A consecuéncia foi que a primeira nómina referida ao periodo de cotización completo dun mes a 25 horas semanais (a compañeira facia 36), daba unha cantidade superior aos 600 euros, que pagaba en man. Negando-se Eduardo a pagar a cantidade establecida na nómina (70 euros de diferéncia) en claro castigo por delatá-lo ante a inspección, a traballadora di que non asina. O despedimento é inmediato: “No te voy a pagar más de 600, no discutas delante de los clientes y estás despedida”. Obviamente non chegou a pagar-lle nada.

A sobérbia empresarial manifestada na exixéncia de total sumisión que chega aos extremos de obrigar a asinar recibos que non se reciben, non pagar os festivos traballados nen recuperar os mesmos con outro dia libre ou conceder só 22 dias naturais de vacacións. Calquera negativa a todos estes abusos é respostada co despedimento. Sabendo o empresário que a xente necesita traballar para sobrevivir, pagar o piso e comer, coloca-o nunha situación de impunidade e de absoluta conciéncia de que pode facer o que queira coas traballadoras, que se atopan à sua mercede, sendo as suas vidas unha propiedade máis.

Desde a CNT de Compostela exiximos a readmisión inmediata da compañeira no seu posto de traballo. Con este motivo damos comezo a unha campaña de boicot à cafetaria "O Finikito" entanto non se produza esta readmisión, e como primeiro paso está mesma mañá vári@s compañeir@s concentraban-se nas portas do establecemento para informar aos consumidores da cafetaria, aos clientes de Área central e à veciñanza das Fontiñas das prácticas anti-operários que gosta de practicar o señor Eduardo.